A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz convoca a todos os veciños de SANTA CECILIA a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o mércores 13 de maio ás 21.00 horas no CENTRO SOCIAL, co fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.
Por iso, veciño de SANTA CECILIA, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de xestións ante a Xunta de Galicia para mellorar o acceso ao Chao de Santa Cecilia dende a estrada Ferreira-Foz, de esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dúbidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños que forman a lista dos socialistas de Foz.
FALARÁN:
MIGUEL PENA VIGO, veciño de San Acisclo
CARMEN AMIGORENA veciña de Foz.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
Igualmente, o xoves 14 de maio os socialistas ofrecerán outro mitin nunha xuntanza cos veciños do barrio de FORXÁN a partir das 21.00 horas no local da escola.
Por iso, tamén piden ós veciños e veciñas que participen nesta xuntanza porque para decidir sobre o compromiso socialistas coa recuperación e ordenamento dos terreos colindantes coa escola, así como melloras nos accesos ao Centro Social de Forxán .
FALARÁN:
LAURA PINÍN FERNÁNDEZ, veciña de Forxán
JAIME GALDÓN COUTO, veciño de Forxán
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
Os socialistas entendemos que a participación veciñal é moi importante e necesaria.
Jaime Cancio, candidato do PSOE de Foz.