Ribadeo, 22 de maio de 2015.- Os socialistas de Ribadeo critican as políticas do goberno local do BNG, e tamén as do PP, nos ámbitos da sanidade e dos servizos sociais.
O candidato número catro na lista do PSdeG-PSOE ribadense, Camilo Vázquez Corveiras, denuncia que “recentemente acaba de amortizarse unha praza de médico no centro de saúde de Ribadeo, co beneplácito do goberno local do BNG, que non fixo nada para remedialo. Cada vez somos máis habitantes e, polo que se ve, fannos falta menos médicos. Ademais non se están a cubrir as vacacións de médicos nin tampouco as do pediatra, polo que coa cantidade de nenos pequenos que temos en Ribadeo ese traballo recae sobre os médicos de familia. Ademais cada vez contamos con menos recursos no Hospital da Costa. Agora creouse por orden da Xunta de Galicia, do PP, unha xerencia única en Lugo, que xestiona os hospitais de Monforte e de Burela, e polo visto cada vez vamos ter menos recursos no da costa. Remataremos todos tendo que ir a Lugo para dar solución aos problemas de saúde”.
Camilo Vázquez engadiu que “tamén nos parece importante o desaproveitamento e a falta de compromiso por parte do Concello de Ribadeo, que dispoñendo dun aparato de vital importancia á hora de reverter unha parada cardíaca, que é un desfibrilador, dos doce meses do ano só se está a utilizar tres na praia das Catedrais e os outros nove meses está gardado nunha oficina na praza de abastos. Isto parécenos intolerable”.
Mellora dos servizos sociais
O número catro da candidatura comentou, ademais, que “en materia de servizos sociais, temos que referirnos á denuncia que fixo o noso partido porque había sete prazas valeiras no asilo municipal; e a raíz da nosa crítica cubríronse aos dous días. Isto repercutiu positivamente porque tamén houbo que aumentar a dotación de persoal; sabemos que empezou a traballar xente nova no asilo”.
“E en canto á famosa residencia de maiores que está en construción, o noso alcalde do BNG négase a facer un informe de viabilidade para que a Xunta aporte os 500.000 euros que faltan. Tamén nos gustaría saber quen vai pagar a dotación do centro, se todo ese material que hai que meter dentro vai saír do peto dos contribuíntes de Ribadeo. E tamén é importante saber canto lle custaría ás arcas do Concello manter a residencia durante todo o ano. Temos claro que hai un boicot por parte do PP e do goberno da Xunta contra o BNG e parécenos intolerable que sexan incapaces de poñerse de acordo dúas formacións políticas, porque ao final a quen están facendo dano é aos ribadenses”, concluíu Vázquez.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



