Alfoz, 22 de maio de 2015.- Este venres pola noite Veciños Independentes de Alfoz realizará unha xuntanza cos membros da candidatura e os promotores da agrupación de electores. Neste acto tamén participarán os 15 interventores que representarán a VIA durante a xornada electoral, velando polo cumprimento da normativa legal e axudando, no que se precise, nas mesas electorais.
Respecto ó desenrolo da campaña electoral desde Veciños independentes de Alfoz queremos mostrar o noso agradecemento a todos os veciños e veciñas de Alfoz pola boa acollida que mostraron respecto ás nosas propostas. Desde VIA realizouse unha campaña informativa en contraposición con outras actuacións, máis propias do século pasado, como os asfaltados ou outras obras de última hora.
Desde VIA pedímoslle ó resto das candidaturas que o vindeiro domingo día 24 sexa un verdadeiro acto de liberdade democrática e que a xornada electoral se desenrole con cordialidade.
Veciños independentes de Alfoz quere agradecer o apoio de todos os membros da agrupación, promotores e simpatizantes polo labor levado a cabo durante a campaña electoral, esperando que con este feito os veciños e veciñas de Alfoz depositen a súa confianza nesta nova alternativa. Queremos resaltar que o grupo que formamos VIA nace cunha idea de continuidade e non por un oportunismo político, xa que o noso obxectivo é o de servir ó concello de Alfoz. Neste sentido, Xabier Pardiñas, candidato á alcaldía resalta que os obxectivos de VIA serán positivos “non tanto polo resultado que podamos obter o domingo senón pola capacidade que teñamos de solucionar os problemas do veciños e veciñas de Alfoz”.