A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o noso candidato Jaime Cancio convocamos a todos os veciños de SANTA CECILIA a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o mércores día 13 de maio ás 21.00 horas no CENTRO SOCIAL, con fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.
Por elo, veciño de SANTA CECILIA, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de xestións ante a Xunta de Galicia para mellorar o acceso ao Chao de Sta Cecilia dende a estrada Ferreira-Foz, de esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dubidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños que forman a lista dos socialistas de Foz.
FALARÁN:
MIGUEL PENA VIGO, veciño de San Acisclo
CARMEN AMIGORENA veciña de Foz.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz
Os socialistas entendemos que a participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en SANTA CECILIA, TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS.
















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



