Viveiro, 21 de maio de 2015.- A creación da Concellaría de Medio Ambiente é un dos nosos puntos fortes do programa onde recollemos varias propostas neste eido. Cremos profundamente que unha xestión organizada e sostible dos recursos que conforman a nosa paisaxe poden ser unha alternativa máis na creación de emprego. Unha “nova” economía que veña a través dos diferentes aproveitamentos que estruturamos nestes tres conceptos:
· Produtivo; temos que sacarlle o máximo rendemento ao noso mar e aos nosos montes con políticas que faciliten a creación de iniciativas que traten de aproveitar ao máximo os nosos recursos. Apostar pola diversidade para un mellor e variado aproveitamento da nosa terra e pola transformación dos produtos do mar.
· Recreativo; vivimos nun lugar privilexiado para apostar polo deporte e polo turismo en xeral. Dende o chamado “turismo de aventuras” ata o “gastronómico” pasando polo “turismo de praia”, “deportivo” ou “rural”. O que todos teñen en común é que para poder sacarlle un maior rendemento debemos tratar ao noso patrimonio natural como se merece. Recuperando e sinalizando debidamente os camiños, apostando polos nosos produtos, saneando e mantendo as rías e os ríos e dotando de medios para gozar a natureza a aquelas e aqueles que escollan Viveiro para a práctica de deportes ao aire libre ou o descanso.
· Ambiental; sen dúbida é o concepto máis abstracto dos tres. Debemos atopar a equidade ambiental e social cando falamos de aproveitar os nosos recursos. Non se trata de esquilmar e degradar a nosa contorna, temos que ser conscientes da responsabilidade que conleva preservar o Medio Ambiente para as vindeiras xeracións e de que, como seres vivos, é preciso manter unha saúde ambiental óptima para poder desenvolvernos sen riscos para a nosa propia saúde.
Estes conceptos tamén son aplicables ás zonas urbanas das vilas, coma a nosa, onde a burbulla inmobiliaria deixou “pequenas illas verdes” entre as edificacións e que agora, co azoute da crise, se ven ocupadas como hortas para autoconsumo. Desde SON VIVEIRO, cremos na necesidade de xestionar estes espazos para crear zonas verdes, zonas de esparcemento para os cans e os seus donos e donas e unha rede de hortas urbanas para garantir que se leven a cabo prácticas o máis ecolóxicas e sostibles posibles a través de campañas, xornadas e actividades que xiren neste sentido.
A creación da Aula da Natureza que propoñemos xogará un papel importantísimo na xestión, en liñas xerais, de todo o exposto ata ao momento. Tamén se encargará de recoller, amosar e informar dun xeito didáctico todo o potencial que posuímos no noso territorio, xa que contamos con poder poñelo a disposición, sobre todo, dos centros educativos.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



