12 de maio de 2015.- Un xantar de irmandade na sede oficial da LNB, a Taberna de Lola de Remourelle, foi o pistoletazo de saída para disputar a derradeira carreira da tempada 2014/2015.
Antes do comezo dos enfrontamentos, os palanadores tiraron cos paláns e as billardas ao chan e facendo un corro no medio da pista, gardaron un minuto de silencio en memoria do gran palanador do sur “Chupi” que finou inesperadamente fai uns días.
Do sorteo previo as carreiras, sairon varios enfrontamentos directos entre palanadores dos dous equipos que mandan na táboa. Unha boa oportunidade para os da Terra cha de gañarlles os todopoderosos “Billardeiros Musicais”, nembargantes nesta ocasión saíulles a cocha capada, “O Cadaval” viuse superado en tódalas carreiras agás nunha na que como mal menor Pepe Outeiro puido empatar con Miguel. Non foi a súa mellor xornada esta, pero siguen mantendo a segunda praza e Pepe Vidal sigue a un gran nivel, so lle falta afinar nas finais, hoxe xogouna por terceira vez nas derradeiras catro xornadas e de novo viuse superado por Nacho e por Markytos quedando relegado a terceira praza.
Cinco palanadores tiñan pleno a falta de unha carreira, Juan e Guti perderon e quedaron no camiño deixando aos tres xogadores xa ditos en busca do podio da tarde.
Finalmente gañou Markytos de Billardeiros Musicais, que por quinta vez na tempada sube ao mais alto do podio poñendo broche de ouro a una tempada na que comenzou no mais alto e rematou do mismo xeito.
Segundo foi Nacho de Extensión Billarda, que estivo moi acertado e completou unha moi boa xornada. Terceiro como xa dixemos Pepe Vidal de O Cadaval.
Houbo tres varados na tarde, que ainda que non influen na xeral, si permiten a Peña (Pena Verde) e Adrian (Extensión Billarda) ter un posto fixo para as finais nacionais de Santiago, o terceiro acadouno Tonecho (Cruzados), que ya estaba clasificado.
E en equipos, “Billardeiros Musicais” de novo no mais alto. Gañaron con solvencia unha xornada na que non fixeron concesións de ningún tipo.
Suso Villariño, escoltado por Flores, fixo entrega do “Coello” ao campión da xornada Markytos e tamén os tres finalistas foron agasallados por Lola con cadanseu vale para duas comidas no seu establecemento, a consumir cando eles queiran.
A continuación baixamos para a Taberna de Lola donde nos agardaban os famosos torreznos dos que demos boa conta mentres agardábamos a entrega dos trofeos da tempada.
Estos trofeos, foi o Concello de Ribadeo quen un ano mais nos los patrocinou e no seu nome D. Vicente Castro, concellal de deportes, tivo a xentileza de se achegar e participar persoalmente na entrega aos Campións:
Copa de Campión da Tempada para Markytos.
Copa de Campión de varados tamén para Markytos
Copa de Campiona da tempada para Geni
Copa de Equipo Campión para Billardeiros Musicais.
Cuatro de cuatro para o equipo mariñán. Os de Ribadeo domiñaron de principio a fin demostrando que hoxe por hoxe son os amos da billarda.
Agardamos que a Conferencia NorLeste poida o vindeiro 31 de maio, nas finais nacionais de Santiago de Compostela, acadar algún dos títulos en xogo. Sorte e Billarda sempre.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
