Foz, 8 de xuño de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, recolleu este luns en Riveira seis bandeiras azuis para as praias e unha para o sendeiro da Rapadoira a Llas. O rexedor municipal espera que no vindeiro ano Arealonga recupere este distintivo, que non logrou nesta ocasión polas obras nese areal.
Javier Castiñeira explicou que “un ano máis o Concello de Foz estivo este luns na entrega de bandeiras azuis de toda Galicia. Neste caso foron seis para diferentes praias do municipio e unha para o sendeiro Rapadoira-Llas. Seguimos sendo un dos concellos de Galicia con máis distintivos de bandeiras azuis. Isto quere dicir que se está traballando ben nos nosos areais e o concello de Foz segue sendo un referente turístico na Mariña. Proba disto é que no día de hoxe estamos entre os concellos con máis bandeiras azuis de toda Galicia”.
O alcalde engadiu que “o Concello de Foz ten que seguir nesa liña e tratar de recuperar esa bandeira azul que se perdeu na praia de Arealonga polas obras na escollera, que aínda se acabaron de realizar hai unhas semanas. E polo tanto esperemos que para o ano que ven non sexan 7 os distintivos senón 8 e así esteamos no máximo que tivo ata agora o concello de Foz. Polo tanto son moi boas novas e nós seguimos traballando para a entrada nesta tempada estival”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



