O Burela Pescados Rubén selou a súa clasificación para a final da Copa de España derrotando por 0-5 ao Cidade As Burgas nunha semifinal que as burelesas manexaron mellor que as de Ourense. O Burela Pescados Rubén medirase na gran final ante o actual campión, o Atlético Féminas Navalcarnero que remontou un 0-2 no seu encontro de semifinais ante o Universidade de Alacante. As anfitrioas lograron o pase á final cun axustado 3-2. A final entre Atlético Féminas Navalcarnero – CD Burela FS Pescados Rubén disputarase este domingo 7 de xuño ás 12.00 horas.
A semifinal galega comezou con precaucións en ambos conxuntos que non querían conceder vantaxes ao seu rival. A intensidade defensiva protagonizou os primeiros compases sen que ambas porterías sufrisen, os disparos de media distancia foron o recurso de ambas escuadras nun duelo pechado que vaticinaba a importancia do primeiro gol. A punto estivo Peque de logralo no tramo final do primeiro periodo dando paso aos mellores minutos do Cidade que apertaron ás laranxas na recta final pero o marcador non se moveu.
Empate sen goles ao descanso e na continuación as ourensás saíron con moita intensidade e tomando a iniciativa do xogo pero o Burela Pescados Rubén difuminou o perigo cunha contra perfecta guiada por Gaby e Peque que Claudia certificou para situar o 0-1, minuto 21. O tanto mariñao deixou tocada a nave do Cidade, o Burela puido aumentar a súa renda nun disparo de Peque e gozou tamén de superioridade numérica trala expulsión de Lucía Nespereira, por dobre amarela no minuto 27. As laranxas non aproveitaron esta vantaxe e por contra completaba o seu cupo de faltas pouco despois. Malia iso e a escasa rotación, o Burela Pescados Rubén mostrouse cómodo na pista ante un Cidade maniatado que non atopaba vías de perigo.
O Burela gozou de ocasións para ampliar a vantaxe; Maite cunha bonita vaselina, Peque nunha acción de estratexia e Bea Mateos cun cabezazo ao longueiro pero chegouse á recta final co 0-1. E no momento da verdade, as mariñás deron un golpe de autoridade cos goles de Gaby (0-2) e Maite (0-3) que sentenciaron a semifinal. Jozi sumouse á festa co 0-4 e nos últimos segundos Gaby redondeou a brillante vitoria co 0-5 definitivo.
Ficha técnica
Cidade das Burgas (0): Ana López; Peke, Iria, Lucía Nespereira e Vane Sotelo (quinteto inicial). Tamén xogaron Sonia Pacios, María Arias, Candea e Peke.
Burela FS Pescados Rubén (5): Jozi; Claudia, Peque, Gaby e Bea Mateos (quinteto inicial). Tamén xogaron Maite e Cris.
Goles: 0-1, min. 21 Claudia;0-2, min. 36 Gaby; 0-3, min. 37 Maite; 0-4, min. 38 Jozi; 0-5, min. 40 Gaby.
Pavillón: A Estación de Navalcarnero. Máis de 300 espectadores.
Colexiados: Díaz Dovale e Pérez Pérez do colexio madrileño. Amonestaron con dobre cartón amarelo a Lucía Nespereira e a Iria Saeta ambas no Cidade das Burgas e con amarela a Gaby no Burela FS Pescados Rubén.
*Fotografía: Logaidea.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
