Ribadeo, 8 de xuño de 2015. O concelleiro de Medio Ambiente en funcións, Horacio Cupeiro, recolleu en Ribeira as bandeiras azuis que Adeac lle concedeu ás praias de As Catedrais e As Illas-Castros así coma ao sendeiro azul que vai desde o faro ata o muíño de mareas da Vilavella. O Concello de Ribadeo tamén obtivo unha distinción temática en información e educación ambiental.
O edil nacionalista explicou que “hoxe Adeac fíxonos entrega na praia de Coroso, en Ribeira, das bandeiras azuis concedidas ás praias de As Catedrais e Illas-Castros, ademais do sendeiro azul que vai desde o faro da Illa Pancha ao muíño de mareas da Vilavella. Tamén nos fixeron entrega dunha distinción temática por información e educación ambiental. Tan só dous concellos de España gozan desta distinción que son Arnuero, en Cantabria, e máis o noso: Ribadeo”.
Horacio Cupeiro considera que “todos estes galardóns demostran o esforzo que debemos facer para dar unha garantía de solvencia medio ambiental cara os visitantes, que ano tras ano acoden ás nosas praias e cada vez en maior cantidade. Debemos continuar nesta boa liña, de mellora continua, na que está inmerso o noso concello a través do seu sistema de xestión ambiental”.
O concelleiro de Medio Ambiente en funcións engadiu: “queremos desde o Concello darlle a noraboa ao Real Club Náutico de Ribadeo por tan honroso galardón, que tamén acaba de recibir”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



