Xove, 16 de xuño de 2015.- Estamos dando por rematada unha tempada 2014-2015 que deportivamente foi impresionante,…. para non esquecer.
Tempada con un montón de éxitos, tanto en actividades i eventos deportivos, como en competicions deportivas (Fútbol 8, Fútbol Sala, Patinaxe Artística, Atletismo, Xadrez, Tenis de Mesa…….)
Os nosos nenos-as poden practicar e competir, nunha variedade deportiva espectacular, e dos cales nos sentimos tamén moi orgullosos, pois moitos deles son “moi bos e fano moi ben”, na súas respectivas especialidades e compiten a un alto nivel.
O broche final da tempada,foi a Iº Gala do Deporte, organizada polo Concello de Xove, na cal os nosos deportistas poideron disfrutar dun momento moi especial e do recoñecemento de todos.
Agora damos paso o verán, con unha actividade estival, o SURF.
Apostamos polo Surf, por ser unha actividade ideal, para que os nenos-as desfruten do verán, aprendan un espectacular e bonito deporte, e poidan adquirir habilidades acuáticas no mar, moi recomendables, pois vivimos de cara a él.
Ademais temos a sorte de poder contar ca mellor praia de A Mariña para poder practicar Surf e as suas variantes, a Praia de Esteiro en Xuances, asi que vamos aproveitala.
Os Cursos de Surf, serán impartidos por a Escola Galega de Surf, de Viveiro.
Por todo isto queremos animar a tódolos nenos-as a practicar e desfrutar do Surf este verán.
Mais información en www.acdxove.es ou no telefono 618976159