Gaia realizou este xoves a primeira limpeza da praia organizada con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos. “Nesta ocasión acompañáronos os usuarios de Camiña e coa súa axuda limpamos a praia de Portelo. Sobre todo recollimos botellas de plástico, tapóns, bolsas de plásticos, cordas e redes. Esta é unha actividade fantástica para decatarse de que o mar devolve todo o que tiramos nel e do grave problema que representan os plásticos para os nosos mares”, explican as monitoras de Gaia. Nesta ocasión Gadis e Sogama colaboraron coa limpeza da praia con diferentes agasallos para os participantes nesta iniciativa.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



