Ribadeo 19 de xuño de 2015.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, fixo, esta venres, un chamamento ao diálogo para chegar a un acordo e rematar con este “circo mediático” que propiciou o rexedor ribadense.
Logo de manter unha xuntanza con representantes de ACISA, o popular recalcou que tan só, “a través do diálogo conseguiremos facer melloras no plan e cumprir coas demandas dos comerciantes e hostaleiros de Ribadeo”. Neste senso, deixou claro que se levarán a cabo as modificacións correspondentes para cumprir ao 100% coas necesidades e peticións do sector da hostalería e comercio da vila.
Lamenta López Penabad, que un areal, que ocupa o segundo posto do ránking das mellores praias de España, que obtén o galardón de Bandeira Azul, ano tras ano, e a Q de calidade turística, estea sendo coñecido estes días por unha “trifulca” política, iniciada por Suárez Barcia, quen coas súas formas e comportamentos está xerando un conflito que non ten lóxica e “non nos leva a ningún sitio”.
O presidente do PP de Ribadeo, apela ao diálogo como forma de consenso e para chegar a un acordo entre todos e rematar con esta discordia. “Falando enténdense a xente e con disputas e broncas non chegaremos a ningún sitio”.- manifesta.
Para o responsable do PP ribadense, o Plan de Conservación das Catedrais representa unha necesidade para evitar a degradación do Monumento Natural e debe ser, ademais, unha oportunidade para reforzar dinamizar a economía do concello mediante unha oferta turística de calidade. Por ese motivo lamenta a actitude do alcalde, totalmente oposta a abrir canles de diálogo que permitirían unha aplicación do Plan acorde coas necesidades da economía local.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



