O pasado sábado 30 de maio os atletas de categoría cadete desprazábanse a Pontevedra para participar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva no Cto. Galego de Categoría Cadete.
A atleta mindoniense Nerea Bajatierra lograba o subcampionato galego en peso cun mellor lanzamento de 10,09; a 40 cms. do ouro e o que é o mesmo, a 40 cms. de participar no Cto. De España por Autonomías (pois estarán os gañadores de cada proba representando á Selección Galega). Nerea completa así un fantástico ano no que tamén acadou no mes de febreiro o subcampionato galego de pista cuberta.
Tamén participaron os seguintes atletas:
– Lidia Barreira. 4ª en altura com 1,40; 10ª en lonxitude con 4,12 e 4ª en triple salto cun mellor salto de 9,87.
– Xana Rguez. 8ª en 300 valados cun tempo de 53,45.
– Luís López. 8º en 1500 obstáculos cun mellor rexistro de 5,27,87.
– Pablo Irimia: 9º en 1500 obstáculos cunha marca de 5,31,01.