D. Manuel Orlando González Cruz, alcalde en funcións do Concello de Mondoñedo, ante a finalización do mandato 11-15 e a constitución dunha nova corporación, fai saber:
1º.- Que o día 9 de xuño de 2015, os saldos das contas bancarias das que é titular o Concello de Mondoñedo son:
– Banco Pastor………………………… 405.059,93 euros
– Banco Pastor………………………… 11.248,93 euros
– Abanca……………………………… 159.815,05 euros
– Abanca……………………………… 4.527,39 euros
– Abanca……………………………… 216.023,71 euros
– Abanca……………………………… 2.347,10 euros
– Abanca……………………………… 66.898,27 euros
– Abanca……………………………… 107.661,98 euros
– BBV………………………………… 337.662,14 euros
TOTAL FONDOS LÍQUIDOS… 1.311.244,50 EUROS
2º.- Que quedan asinados coa Deputación de Lugo para este exercicio os seguintes convenios:
. Convenio para gastos de mantemento da Escola de Música: 25.000,00 euros.
. Convenio para guía e posta en valor da Cova do Rei Cintolo: 20.000,00 euros.
. Convenio para gastos do Mercado Medieval: 32.000,00 euros.
. Convenio para rehabilitación do Campo de Viñas da Veiga: 33.202,17 euros
. Convenio de obras de rehabilitación da Casa da Xuventude: 22.444,45 euros
. Convenio para aparcadoiro no campo de Alcántara: 65.704,85 euros.
. Convenio para gastos de mantemento do CIM: 10.000,00 euros
. Convenio de gastos de mantemento da Casa da Xuventude: 15.000,00 euros
. Convenio para as obras de rehabilitación da E.M.M. e Auditorio: 95.493,60 euros
3º.- Que as obras do PP.OO. 2015 “Acondicionamento e mellora dos acceso aos núcleos de Ferrería, Soutoxoane, Argomoso e Pontepousada quedan contratadas e en fase de execución por 30.372,25 euros.
4º.- Que as obras do Plan de mellora de camiños de titularidade municipal no Concello de Mondoñedo 2014-2015 “Accesos a Curros, a Cuba, San Vicente e Outeiro-Brava-A Penela”, quedan contratadas e en fase de execución por 119.669 euros.
5º.- Que queda en trámite de adxudicación con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental a adquisición dun camión elevador por 57.596 euros.