O Burela FS Pescados Rubén B proclamouse campión da Copa Provincial o sábado pasado en Lugo tras impoñerse na 2-3 na gran final ao Adarve.
Ese mesmo resultado outorgoulles o billete aos laranxas dende semifinais fronte ao ADC Lumieira o venres.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este mércores na Praza Conde de Fontao de Foz á misa cantada polo coro Mar Aberto na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A cerimonia celebrouse no marco da programación das Festas do Carme que organiza este municipio mariñán do 11 ao 17 de xullo. A este acto, que continuou coa tradicional ofrenda floral e a procesión, tamén asistiu o Alcalde de Foz e Deputado Provincial, Francisco Cajoto, membros da corporación municipal e numerosos veciños e veciñas e visitantes.
Na presentación do cartaz estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
Por unha banda, o artista uruguaio Daniel Drexler fai parada en Mondoñedo dentro da súa xira europea. Este venres desde as 21:30h. É a primeira vez que a Horta de Galiana recibe a un artista internacional. E xa o sábado, o mindoniense Jorge Santamarina fará as delicias dos asistentes cunha noite de tangos desde as 22h.
A cita celebrarase do 19 ao 21 de setembro no polideportivo deste municipio e contará coa participación de reputados profesionais do mundo da tornería. A institución provincial colabora un ano máis con este evento realizando unha achega económica de preto de 10.000€ e a impresión de 600 exemplares dun libro que se realizou polo 25 aniversario desta cita.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de Setembro.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou na presentación da décimo terceira edición do Festival Aturuxo de Bravos, que tivo lugar na Sacabeira, en Sargadelos (Cervo), xunto á presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros, Carmen Rivera. O festival celebrarase os días 18 e 19 de xullo no concello de Ourol, coa colaboración da Deputación de Lugo, que achega 5.000 euros para apoiar a organización desta cita xa consolidada dentro do calendario cultural da Mariña. Nesta edición, o cartel inclúe concertos de Sonoro Maxín, Belém Tajes, Filophóbicas ou Zeltia Irevire, entre outros artistas.
O mércores, 16 de xullo ás 20:30h, na Casa da Cultura charla sobre os microbios nos alimentos co profesor Antonio Juárez. Xa o venres nos exteriores da Casa da Cultura nova visita da furgoneta de Galicia Sabe aMar que permitirá probar pinchos mariñeiros para resaltar as propiedades dos nosos peixes. Para rematar o domingo a I Marcha contra o cancro partindo desde a ponte vella e rematando no parque da Casa da Cultura. Inscricións durante toda esta semana na Casa da Cultura. Ademais de todo esto, Os do 21 organizan o seu festival 'Lembranzas' o sábado ás 19:30h no seu local social.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital