Barreiros, 20 de xuño de 2015. Na Aula Cemit do Concello tivo lugar na xornada deste venres unha xuntanza cos hostaleiros de Barreiros “para explicarlles como teñen que facer para conseguir os pases de acceso á praia das Catedrais. O obxectivo é que poidan ofrecer o mellor servizo aos seus clientes ao longo das próximas semanas”, segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente.
O rexedor engadiu que “o técnico da Aula Cemit foilles explicando os pasos que teñen que seguir para solicitar os pases. E comprobaron en directo como se fixo a reserva dun tícket”.
A xuntanza foi convocada polo Concello de Barreiros.