Lugo, 20 de xuño de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, explicou este sábado que o Partido Popular vén de trasladar formalmente o acontecido no municipio de Ourol á Comisión Estatal de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo.
Este comité, dependente do Ministerio de Administracións Públicas é o organismo encargado de supervisar o cumprimento do pacto antitransfuguismo que no seu día foi asinado pola inmensa maiorías das forzas políticas, incluído o PP e o PSOE.
O obxectivo desta actuación e dispoñer dun pronunciamento oficial desta Comisión que confirme o caso de evidente transfuguismo que tivo lugar neste municipio, de tal xeito que poidan poñerse en marcha todas as medidas incluídas no plan, entre elas, a expulsión do partido das persoas que incorran en transfuguismo ou que se beneficien do voto dun tránsfuga, situación que afectaría ao alcalde socialista de Ourol.
LIMITACIÓNS PARA OS NON ADSCRITOS
En todo caso, desde o PP xa aclaran que a última reforma da Lei de Bases de Réxime local xa establece mecanismos para que os concelleiros non adscritos –que é a figura xurídica que hoxe ten a edil Begoña Moreiras- non poidan aproveitarse da súa condición. En concreto, o PP estuda a aplicación do parágrafo 3º do artigo 73 Lei de Bases de Réxime Local, onde deixa claro cales son as limitacións dos concelleiros non adscritos, cando di literalmente:
“Os dereitos económicos e políticos dos membros non adscritos non poderán ser superiores aos que lles corresponderon de permanecer no grupo de procedencia”.
O PP asegura que esta artigo da lei pretende restrinxir os dereitos económicos e políticos que a concelleira tránsfuga tiña no momento de abandonar ou ser expulsada do grupo co que concorreu ás eleccións.
Este precepto ten o seu sentido nos casos de transfuguismo como o acontecido en Ourol pois, adoita ocorrer que o tránsfuga aproveita o seu voto crave para sacar proveito xa sexa a nivel político, como no caso que nos ocupa, exercendo a Tenencia de Alcaldía, así como tamén proveito a nivel económico, obtendo unha retribución exclusiva polo posto desempeñado.
O pronunciamento da Comisión Estatal Antitransfuguismo serviría precisamente para esixir que se aplicasen no futuro estas e outras medidas.
CONTINÚA O EXPEDIENTE DISCIPLINARIO
Balseiro tamén aclarou que, complementariamente a este procedemento iniciado ante a Comisión Estatal Antitransfuguismo, o Comité de Dereitos e Garantías do Partido Popular tramita o expediente disciplinario de expulsión.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



