Mondoñedo, 15 de xuño de 2015.- D.ª MARÍA ELENA CANDIA LÓPEZ, Alcaldesa de Mondoñedo, e D. MANUEL TAPIA RIVERA Concelleiro Delegado de Promoción Económica, INFORMAN que as persoas interesadas en participar no proceso de selección de 5 alumnos/as-traballadores do Obradoiro de Emprego Pardo de Cela II, no que se refire ao Concello de Mondoñedo deben ser desempregados/as inscritos/as na Oficina do Servizo Público de Emprego de Mondoñedo ata o Mércores 17 de xuño, na especialidade AGAO0208, Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes. Os requisitos mínimos son:
– estar empadroado no Concello de Mondoñedo antes do 11 de xuño de 2015.
– estar en posesión do título de ESO, Competencias Clave Nivel 2, 2º BUP ou equivalente
Este Obradoiro de Emprego denominado Pardo de Cela II, foi concedido aos Concellos de Foz, Alfoz, Valadouro e Mondoñedo pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Para máis información: Concello de Mondoñedo (982 524 003)























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



