Mondoñedo, 21 de xuño de 2015- A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo está preparando as actividades que vai organizar para este verán, entre elas os cursos de natación.
Os cursos de natación serán para todos os grupos de idades e niveis, estando aberta a Delegación a máis grupos se fora necesario.
Os grupos son:
CURSO DE INICIACIÓN (4, 5 anos): luns, mércores e venres de 12.00 a 12.45 horas.
CURSO DE INICIACIÓN (maiores de 6 anos): martes, xoves e sábado de 12.00 a 12.45 horas.
CURSO DE PERFECCIONAMENTO, nivel 1 (nenos pequenos): luns, mércores e venres de 13.00 a 13.45 horas.
CURSO DE PERFECCIONAMENTO, nivel 2 (Grupo de competición): martes, xoves e sábado de 13.00 a 13.45 horas.
CURSO DE INICIACIÓN ADULTOS: luns, mércores e venres de 14.00 a 14.45 horas.
CURSO DE PERFECCIONAMENTO ADULTOS: luns, mércores e venres de 15.00 a 15.45 horas.
Todos os que se queiran apuntar poderán facelo a través do teléfono 605 790 091 ou ben acudindo ás instalacións das piscinas os dous primeiros días de xullo (1 e 2), onde os monitores organizarán sesións de xogos abertas a socios e xente que saque a súa entrada para ese día, e faranse clases abertas a maiores, entre outras cousas para ver o nivel dos alumnos.
A Delegación de Deportes recorda que xa se pode sacar o bono para as Piscinas nas Oficinas da Abanca. Alí páganse as taxas correspondentes e nas piscinas sácase o bono das mesmas.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



