Vilaronte, 6 de xuño de 2015. O Campo de Fútbol de O Castro, en Villaronte (Foz), acollerá, a fin de semana do 10, 11 e 12 de xullo o XXI Torneo de Fútbol 7, así o anunciaron hoxe representantes da súa organización que segundo explicaron “tralo éxito do ano pasado, cando se retomou o torneo despois duns anos de ausencia, animámonos a dar continuidade a unha cita deportiva que de seguro volverá a ser referencia tanto na localidade como na comarca”.
Nesta XXI edición repartiranse 2.500 euros en premios (sempre e cando participen 24 equipos), ademais dos trofeos correspondentes. Así, o primeiro clasificado recibirá 1.500 euros máis trofeo, o segundo 700 euros e trofeo, mentres que para o terceiro clasificado está previsto un premio de 300 euros, acompañado de trofeo. Asemade, haberá trofeos para o cuarto clasificado, así como para o máximo goleador do campionato e para o porteiro menos goleado.
Coa organización deste torneo, que conta coa colaboración da área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo e do Concello de Foz, así como da Asociación Sociocultural O Castro, de Villaronte, preténdese ofrecer “unha fin de semana para practicar un deporte ‘de masas’, que máis que nunha competición, se converterá nunha oportunidade para pasar un rato agradable entre amigos fomentando as relacións sociais e conceptos como a solidariedade e o compañeirismo no deporte”.
A inscrición ten un custe de 120 euros por equipo, e cada un deles estará formado como máximo por un total de 16 xogadores. Así mesmo, poderán inscribirse ata 24 equipos. O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 8 de xullo. Dende a organización animan “a anotarse canto antes nunha cita que, de seguro, será unha auténtica festa do fútbol”.
Para formalizar as inscricións ou solicitar máis información poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico futbol7vilaronte@gmail.com ou nos teléfonos 669 10 68 17 – 671 21 41 03.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
