Viveiro, 16 de xuño de 2015.- O pasado domingo celebrouse na localidade ourensá do Barco de Valdeorras, o Campionato Galego de Veteráns de Pista ó Aire Libre, no que o clube viveirense estivo representado por 15 atletas que acadaron 23 metais. O campionato estivo organizado pola Federación Galega de Atletismo con xornada de mañá e tarde, contando cunha alta participación de atletas de todos os clubes galegos. Os medallistas do C.D.Egovarros-Viveiro foron: no apartado feminino: Begoña de Arriba en W-55 acadou o ouro nas probas de 100m e 1500m e prata nos 5000m; no apartado masculino: José Rioseco en M-70 foi ouro en 800m e 1500m; Salvador Patiño en M-65 obtivo o ouro en 400m e salto de lonxitude e prata nos 200m; Antonio Hernández en M-65 foi prata en 800m e 5000m; Fernando Ramos en M-65 foi prata nos 100m e bronce nos 200m e 400m; Luis Miguel García en M-60 foi ouro en 800m e 1500m e bronce nos 400m; Marcelo Vasquez en M-40 foi ouro nos 5000m; Jose Ángel López en M-40 foi ouro nos 10000m; Roberto Collazo en M-35 obtivo a prata nos 5000m e bronce nos 1500m e nos 10000m; Rubén Vila en M-35 foi prata nos 10000m e bronce nos 5000m.
A próxima proba na que competirán os atletas do clube viveirense será o Campeonato de España de Pista ó Aire Libre a celebrar en Alcobendas (Madrid) os próximos días 26, 27 e 28 de xuño.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
