Lugo, 17 de xuño de 2015.- Os campos de fútbol de toda a provincia encheranse este fin de semana de afeccionados para presenciar as finais da Copa Deputación de Fútbol, nas distintas categorías tanto de fútbol base como afeccionado a nivel masculino e feminino, polo que será “unha fin de semana de emocións e fútbol por toda a provincia”, en palabras do vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, que presentou este mércores pola mañá as finais nun acto no que tamén participaron o vicepresidente da Federación, Carlos Negrín, e representantes dos equipos que disputan as finais e dos que ceden os campos.
O campo do Acibreiro da Pastoriza acollerá o sábado ás 18:00 horas a final de 2ª e 3ª autonómica que disputarán o Santaballés e o Santa Comba, mentras que o campo das Valgas de San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerá o domingo ás 20:00 horas a final de 1ª autonómica e Preferente entre o Castro e o Viveiro. A final feminina entre o Antas de Ulla e o gañador do partido entre o Friol e o Milagrosa tamén se disputará no campo do Iberia o domingo ás 18:00 horas.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga destacou “a alta participación que rexistra esta cita deportiva ano tras ano, contando nesta edición da Copa Deputación de Fútbol coa participación de máis de 80 de equipos lucenses, desde 3ª Autonómica a Preferente Autonómica, contando aliñacións masculinas e femininas”.
Importante apoio da Vicepresidencia da Deputación ao fútbol base e afeccionado
Pola súa banda, o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Negrín, destacou o “importante apoio” que durante todo o ano a Área de Deportes da Deputación dá ao fútbol lucense e a todos os equipos existentes na provincia, “tanto a nivel afeccionado como de fútbol base”, destacou.
Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a área de Deportes da Deputación conta cun orzamento semellante ao do ano pasado de case 95.000 euros, polo que se manteñen as cantidades dos premios. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, serán premiados con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibiu 450 euros por partido xogado durante as distintas roldas de clasificación. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros para primeiro e segundo, e os clubs preciben 385 euros por partido disputado.
Ademais, Antonio Veiga avanzou que nos vindeiros días resolverase a convocatoria de axudas da área de Deportes aos clubs en réxime de concorrencia competitiva deste ano.
Finais nas categorías de fútbol base
Este fin de semana dispútanse tamén as finais da Copa Deputación nas distintas categorías de fútbol base co seguinte calendario:
Categoría Xuvenil: Monterroso – Viveiro (sábado ás 18:00 horas no campo do Becerreá)
Categoría Cadete: Palas de Rei – Foz (domingo ás 11:30 horas en Outeiro de Rei)
Categoría Infantíl: Monterroso – Ribadeo (sábado ás 12:00 horas en Abadín)
Categoría Alevín: Residencia – Lugo (sábado ás 11:00 horas no campo da Cheda en Lugo)
Final de consolación: Santiago de Foz – Ferroviaria (domingo ás 11:00 horas en Cospeito)
Categoría Benxamín: Porto Burela – Lugo (domingo ás 12:00 horas en Cospeito)
Final de consolación: Praia de Cobas – Ribadeo (domingo ás 12:30 horas en Burela)























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
