O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, en colaboración coa Federación de Comercio da Mariña, inicia este fin de semana os Obradoiros Gastronómicos “Á Beira do Mar”.
Consistirá en realizar ó longo dos meses de maio e xuño, en distintas vilas mariñeiras da zona da Mariña e Ortegal, un total de 12 Obradoiros Gastronómicos.
Nun ámbito aberto, con acceso libre para o público (lonxas, mercados, prazas…..) montarase unha instalación de cociña portátil. O cociñeiro Suso Liste, da Escola de Hostalería de Foz, realizará á vista do público elaboracións sinxelas de cociña con produtos do mar da zona que estean en tempada. Será o encargado de ensinarnos cómo limpar e cociñar o peixe, cómo racionar un peixe, para saber o rendemento, cómo cociñalo, tanto en formato rápido como máis pousado, aproveitamento do mesmo para sopas fumets, etc.
Lucas Requejo, de Prato-Do, será o encargado de explicar o aporte nutricional de cada receita, o estudo económico para mirar de rentabilizar as nosas comidas aproveitando os recursos da zona e as tempadas, explicando os soportes elixidos e facendo algunha reseña histórica no seu caso. O acompañamento elixido para cada receita, será de produción ecolóxica e da contorna próxima.
Invitarase ao público a participar, mostrándolles como tratar os produtos na cociña, dende a limpeza dos peixes ou mariscos, á terminación e presentación dos pratos.
Para axudar á tanxibilización e ao recordo do evento, entregarase aos asistentes as receitas das elaboración realizadas polo cociñeiro, ademais doutro material promocional da zona. Deste xeito, poténciase ademais o consumo do produtos das lonxas e a imaxe do GAC 1 e da Federación de Comercio da Mariña.
Estes obradoiros teñen un dobre obxetivo, a divulgación gastronómica dos produtos do mar da nosa zona costeira e ser un punto de atracción de público e de promoción das nosas Vilas.
Os obradoiros desenvolveranse en 12 dos concellos incluídos no territorio do GAC 1 A Mariña-Ortegal, concretamente na Mariña realizaranse os seguintes:
– Día 20 de Xuño, en Ribadeo na Praza de San Roque de 11:00 a 14:00 horas.
– Día 20 de Xuño, en San Cibrao (Cervo) no Clube Náutico de 17:30 a 20:30 horas.
– Día 27 de Xuño en Burela, na Praza do Concello de 11:00 a 14:00 horas.
– Día 27 de Xuño, en Foz na Praza Conde Fontao de 17:30 a 20:30 horas.
O resto de Obradoiros realizaranse na zona de Ortegal e serán: o 7 de Xuño en Ortigueira, o 21 de xuño Cariño, 21 de xuño O Barqueiro e 28 de xuño Cedeira.
Con motivo das actividades propostas polo Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC 1), para a promoción do produto do mar dende A Mariña Lucense ata Ortegal, preséntanse tamén uns obradoiros para os nenos/as dos Concellos nos que terá lugar a intervención.
Mañón, Cariño. Cedeira, Ortigueira, O Vicedo, Viveiro, Cervo, Xove, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo, serán o escenario destas actividades que se realizarán os sábados e os domingos dende o 23 de maio ate o 28 de xuño do 2015.
O obxectivo é achegar ós máis pequenos ó mundo mariño.
A actividade constará duns obradoiros de pintura, nos que os alumnos representarán o mundo mariño, con todos os seus animaliños e plantas, así como personaxes fantásticos que eles mesmos queiran incorporar.
A actividade será de carácter aberto, poderán participar nenos e nenas de tódalas idades.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



