O directivo do CD Burela FS Pescados Rubén Marcelino Luna visitou o Hotel Palacio de Cristal (avenida Arcadio Pardiñas, 154, Burela) para agradecer á adxunta á dirección, Mar Rivas, o apoio que o establecemento brindou e brinda ao club laranxa ao longo das últimas tempadas.
A experiencia de máis de dúas décadas á fronte da firma hoteleira, unida á moderna renovación de 2012, converten o Palacio de Cristal nunha opción óptima para visitantes que se achegan a Burela en viaxe de negocios ou escapadas de pracer. Xunto á oferta de aloxamento, con 29 amplas e confortables habitacións e 1 suite, o hotel tamén dispón de restaurante, coa mellor selección de peixes e mariscos do mar Cantábico, e parrillada Don Chuletón, con carnes á pedra e bacallau á brasa entre as súas especialidades, ademais de cetaria de mariscos propia, Cetárea Burela.
Coñece máis en www.hotelpalaciodecristal.es e cetareaburela.com.