A ED Burela FS vestiuse de gala este xoves para despedir o curso 2014-15. O auditorio municipal acolleu o acto, dirixido polo director da escola laranxa, Alfonso Mera, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro Ramiro Fernández, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, ademais do secretario técnico, Juanma Marrube, e o director deportivo feminino, Marcelo Santoro, Neco.
Alumnado, pais, nais e demais asistentes á concorrida gala repasaron as alegrías da tempada nunha animada proxección audiovisual, con avance dalgunhas novidades para 2015-16. Como broche final, todos os pequenos/as deportistas subiron ao escenario do auditorio para recibir un diploma do curso 2014-15 e cadanseu chaveiro personalizado.
Tras o peche oficial do curso, os equipos de base non colgarán a camiseta laranxa. Esta fin de semana benxamíns e alevíns gozarán do X Torneo Cidade de Betanzos; todas as categorías, excepto o conxunto miniprebenxamín, seguirán adestrando ata comezos de xullo para competir no IV Memorial Rodrigo Maseda Lozano (2-5 de xullo) que organiza a Fundación Imdecum.
Últimos días para formalizar a matrícula 2015-16
Ata o martes 30 de xuño estará aberta a matrícula da ED Burela FS 2015-16, destinada aos grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil; coa incorporación da categoría de Iniciación, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista tamén poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



