Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015.- O deputado do BNG, Daniel Rodas, formulou este xoves unha pregunta na comisión de Asuntos europeos relativa ás xestións realizadas polo Presidente da Xunta na súa visita a Bruxelas.
Para o deputado, “Feijóo foi a Bruxelas a tapar as miserias que descubriu o BNG” en relación á visita realizada polo colectivo de traballadores do xeito convidados pola portavoz do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda onde tras entrevistarse con diferentes técnicos comprobaron que a Xunta non realizara ningunha xestión para modificar o actual reparto de cotas que prexudica á flota pesqueira galega, nin sobre a política de despezamentos fronte a unha maior capacidade para pescar ou denunciar a falta de competencias nos recursos pesqueiros.
Para o deputado, o Presidente da Xunta non defendeu en Bruxelas o sector da conserva, non solicitou a expulsión dos produtos da pesca dos acordos comerciais con terceiros países nin reclamou unha etiquetaxe de orixe para os produtos da pesca transformados, polo que volveu preguntar a qué foi Núñez Feijóo a Bruxelas?
Rodas lembrou que a alarma saltou cando foi publicado o plan de xestión da sardiña que “negaba o dereito a poder pescar ao xeito” e a Federación de Confrarías remitiu un informe para xustificar a “escasa incidencia que este arte ten sobre o recurso”. O 3 de novembro, explicou, o colectivo de traballadores do xeito, convidado polo BNG, tivo a oportunidade de entrevistarase coa poñente de Medio Ambiente, Renata Briano e o poñente da Comisión de Pesca, Marco Afronte, confirmando ambos que tanto o Goberno do Estado como a Xunta non enviaran ningún informe polo que descoñecían as características “do arte do xeito”, e cualificaron de “ despropósito”, a súa prohibición.
Despois da viaxe dos xeiteiros e as denuncias na sede europea, Feijóo viaxou a Bruxelas e puidemos constatar que, unha vez máis, “a Xunta minte” e en realidade, o Presidente da Xunta foi “a tapar as miserias que lle descubriu o BNG”. Rodas volveu a preguntar porque non foi antes do reparto de cotas para denunciar que o modelo de reparto sigue blindado pola normativa do principio de estabilidade relativa ou aínda que se melloren os stoks seguimos sen pasar dunha determinada porcentaxe e con especies prohibidas.
O secretario Xeral do Mar defende a xestión de Feijóo en Bruxelas
Pola súa parte, o secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro respondeu que Galiza quere cumprir coa normativa europea sen que afecte a estrutura da pesca galega e que a visita de Feijóo a Bruxelas responde a relación de Galiza coa Comisión de pesca que “será incrementada nos vindeiros anos”.
Na réplica, Rodas defendeu o dereito de Galiza a poder decidir xestionar o FEMP e que non sexa a Unión Europea a que estableza o destino destes fondos para aplicar a súa política de desmantelamento e redución a flota galega, concluíu.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



