“Reciclar para coidar o medio ambiente” é o lema da iniciativa que congrega este xoves a voluntarios de Alcoa San Cibrao, nenos e mozos do Club Natación Xove e veciños que se queiran sumar, nunha xornada dedicada a fomentar o reciclado no Día Mundial do Medio Ambiente.
A actividade pretende informar sobre a importancia da colaboración cidadá para o óptimo funcionamento do Plan de Tratamento dos Residuos Urbanos municipal, adecuando as actitudes persoais, practicando a correcta segregación de residuos e promovendo a redución, reutilización e reciclaxe.
Persoal técnico experto no medio ambiente ilustrará sobre a problemática dos residuos, as cantidades que producimos, os seus tipos, tratamentos e valoración enerxética. Prevese que participen 80 mozos de entre 7 e 28 anos de diversas asociacións deportivas, ademais dun nutrido grupo de voluntarios de Alcoa e do Club de Natación de Xove, organización que recibirá ademais 3.000 dólares de Fundación Alcoa como apoio a esta iniciativa dos voluntarios.
O Concello de Xove conmemora activamente o Día Mundial do Medio Ambiente participando nesta iniciativa e numerosas xornadas de formación e educación medioambiental para nenos e adultos.