En primeiro lugar queremos subliñar que compartimos a inquedanza dos colectivos sociais que veñen manifestando os riscos da privatización, uso indebido e reformas interiores que poidan deteriorar os elementos de valor etnográfico do Faro.
En segundo lugar denunciamos a falta de información sobre o proxecto pola parte do Concello. O día 25 de abril de 2015 El Pais publicaba o seguinte: “El alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que la iniciativa es una buena noticia para el municipio y un premio a la contención urbanística que mantuvo en el pasado”. Esta nota non foi rexeitada nin modificada polo Concello, polo tanto debe darse por válida. Entendemos que se trata dun uso partidista da información e esiximos que se publique o proxecto íntegro para unha información transparente aos veciños, tal como prometeu o BNG nesta nova xeira de goberno.
En terceiro lugar lembramos que a Illa Pancha forma parte do espazo protexido da Ría de Ribadeo, que está declarada Zona de Especial Protección de Aves dende 1989, acollida ao Convenio Internacional de RAMSAR dende 1994, incluída na Rede Natura 2000 da UE e na Reserva da Biosfera e protexida por outras normas de ámbito autonómico. Todas estas normas obrigan a dispor nun plan de protección con normas específicas para os diversos elementos como é o caso da Illa Pancha.
O máis parecido a iso, pese a todas as súas limitacións e carencias xa denunciadas pola propia UE, é o Plan Director da Rede Natura 2000 aprobado pola Xunta no ano 2014, que establece a illa Pancha como territorio de “Zona 2” dentro do espazo “Ría de Ribadeo”. Entre os usos compatibles nestes territorios non se atopa o uso turístico e recreativo, senón só o de protección, conservación e mantemento das actividades tradicionais.
A transformación do Faro nun hotel con cafetería incumpre claramente o disposto no Plan, polo que esperamos que desde o Concello se negue a licencia de actividade e se solicite a actuación da Consellería de Medio Ambiente neste caso. Compre subliñar que O Faro e a súa contorna son destacadas polos ornitólogos como zonas de especial interese para as aves migratorias, por razóns de orientación e localización.
Ao mesmo tempo enviamos escrito de solicitude de denegación da licencia ao Sr. Alcalde de Ribadeo.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



