Xove, 14 de xullo de 2015.- Esta semana darase por finalizado o Curso de Iniciación o Surf, organizado pola ACD.XOVE, e impartido pola Escuela Gallega de Surf, con base na Praia de Esteiro (Xove).
Un total de 20 alumnos, socios da ACD.XOVE, foron os que participaron neste Curso de Iniciación que deu comezo o dia 1 de xullo. A partir desta semana dará comenzo outro curso, pero de Perfeccionamento, e que durará ata mediados do mes de agosto.
Dicir que a praia de Esteiro (Xuances-Xove) é unha das mellores praias mariñans para impartir clases de Surf, e todos os amantes deste deporte coñécena perfectamente. Tamén dicir que a Escuela Gallega de Surf está a facer unha gran promoción e un gran traballo por este deporte nas praias de Esteiro (Xove) e Abrela (O Vicedo) pois leva mais de 20 años impartindo Surf.