Bruxelas, 20 Xullo 2015.- Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) rexistrou este luns a través da europarlamentaria Lídia Senra dúas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea (CE) ao respecto da precariedade laboral das traballadoras/es de Correos, así como do deterioro na calidade do servizo, nomeadamente nas zonas rurais. Ámbalas dúas interpelacións á Comisión foron motivadas pola xuntanza mantida entre a Senra e representantes das carteiras/os que participaron o pasado mes de xuño nun encontro no Parlamento Europeo (Bruxelas) co obxectivo de visibilizar a súa situación.
O proceso continuado de precarización das condicións laborais das traballadoras/es de Correos, así como o sensíbel empeoramento do servizo proporcionado, enmárcase no proceso de privatización a nivel europeo iniciado na década dos anos ’90.
Nos seus escritos a eurodeputada galega alerta á Comisión de que, inda que no ano 2013 Correos obtivo 48.000.000€ de beneficio, “o servizo xeral está totalmente precarizado, e máis o rural: as carteiras/os rurais padecen abusos como ter que aportar vehículo propio para repartir, en ocasións tamén teñen que aportar o local de atención ao público e afrontar zonas de reparto imposibles de realizar nunha xornada laboral, xa que poden chegar a ter 100 ou 150km. para repartir en 7 horas e media, co que a moitos domicilios non chega o correo os 5 días laborais estipulados.”
Esta situación afecta de xeito totalmente directo ao noso país, tanto a nivel das traballadoras/es como das usuarias/os, xa que das aproximadamente 2.000 persoas que traballan no reparto postal rural no Estado español, a metade delas fano na Galiza, que conta cun 35% da poboación habitando no rural, é dicir, no 86% do noso territorio.
Todo este proceso de supresión de postos de traballo, denuncia a eurodeputada galega, aliás de redundar no empeoramento das condicións laborais das carteiras/os, “provoca vulnerabilidade na cidadanía” debido ás continuas acumulacións e retrasos da correspondencia que poden afectar a notificacións, citacións médicas, recibos de seguros, recibos con ameaza de corte dun subministro…
Neste senso, cómpre lembrar que, a nivel xeral, Correos pasou de 66.367 empregados/as no ano 2009 a 50.668 no ano 2014, é dicir, 15.699 persoas menos en cinco anos, un 25% aproximadamente. Esta redución baseouse en grande parte na non incorporación de persoal novo cando hai xubilacións e traslados a outros ministerios, situación que foi identificada polos traballadores/as desprazados a Bruxelas o mes pasado como de “ERE encuberto”.
Aliás, a empresa optou por reducir toda a contratación que antes se realizaba para cubrir permisos, baixas e vacacións do persoal fixo, a pesares de ter feito anteriormente reformas que xa deixaran as zonas cunha carga de traballo moi axustada á súa xornada laboral. Esta situación fai practicamente imposible que ningún traballador/a poda asumir carga engadida de traballo provinte doutra zona distinta. Todo este proceso de supresión de postos de traballo fomenta inda máis as continuas acumulacións e retrasos da correspondencia.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



