Burela, 2 de xullo de 2015.- O cervense Alfonso Villares Bermúdez e o trabadense Juan Francisco López Prieto recolleron este xoves pola tarde en Burela propostas e suxestións de once colectivos mariñáns de mulleres, vinculados ao mar e á inmigración para incorporar á ponencia política do Partido Popular de Galicia que se presentará durante este mes de xullo.
Ao rematar a reunión Alfonso Villares explicou que participaron nesta xuntanza “como representantes do grupo encargado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez-Feijoo, de elaborar a ponencia política que vamos presentar durante este mes de xullo, para a que se nos encargou a 10 persoas de todo Galicia reunirnos con todos os sectores da sociedade para facer esa labor necesaria de autocrítica, de plantarnos diante da sociedade, de todas as asociacións de todo tipo e de toda índole, de toda a sociedade civil en xeral, e dicirlle claramente que somos unha formación política cuns principios moi claros, de goberno e que nos queremos parecer o máis posible á sociedade que representamos. Queremos ser, sen dúbida ningunha, ese reflexo do sentir maioritario da xente. Tamén somos unha corrente política centrista que se axeita máis a unha forma de vivir sensata, con sentido común, e tamén unha forza política galeguista, sen dúbida ningunha. Esas son as nosas sinais de identidade, entre outras moitas, pero son as que nos identifican no partido político ao cal pertencemos”.
Villares engadiu que “con estas premisas nos plantamos diante das asociacións e hoxe en concreto estiveron con nós os patróns maiores das confrarías de pescadores de Burela, de San Ciprián, de Foz, e do Vicedo; representantes de asociacións de Mulleres en Igualdade tanto de Burela como de San Ciprián, da asociación contra co cancro Esperanza, de Burela, das asociacións de caboverdianos Batuko Tabanka e Batuvo Raventola, do colectivo de redeiras de Burela; e da asociación Raíces Peruanas, tamén de Burela. Diante de todos eles, con esta labor de autocrítica coa cal nos presentamos, escoitamos o seu sentir e comentáronnos varias cousas polas cales eles ven que dende o Partido Popular tíñamos que ir adaptándonos para parecernos máis á sociedade nestes momentos. O feito de ter máis presenza cos veciños é algo que se nos demanda, a maiores de outro tipo de peticións máis concretas en función de cada un dos colectivos que nos formulou as súas reivindicacións ou suxestións”.
Alfonso Villares rematou comentando que “foi unha reunión, sen dúbida ningunha, moi positiva, como todas as que levamos tido durante estes últimos días con outras asociacións da provincia de Lugo, xuntanzas das que vamos sacar as conclusións necesarias para que a ponencia política que presente o Partido Popular de Galicia neste mes de xullo sexa o máis parecida posible ao sentir da nosa sociedade”.



















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



