Burela, 16 de xullo de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, amosou este xoves ó mediodía a súa solidariedade co rexedor de Foz. Llano di que o traslado dos exames teóricos do carné de conducir de Foz a Lugo supón un desprezo absoluto cara a xente da Mariña. O rexedor de Burela asegura que a decisión foi adoptada de xeito unilateral e pide que se reverta inmediatamente.
O mandatario burelés amosou “a miña solidariedade co alcalde de Foz porque realmente é un caso que vai afectar a toda a comarca ao sacar os exames teóricos de Foz e levalos para Lugo. Eu entendo isto como un desprezo absoluto á xente da nosa comarca interesada en sacar o carné de conducir”.
Llano pensa que “o idóneo non é sacar os servizos de preto da xente para levalos a outro sitio e centralizalos senón facer que os servizos estean cada vez máis próximos a onde se necesitan, que é no sitio onde vive a xente, sen obrigalos a desprazamentos que non tiñan pensado facer e a facer gastos extras con respecto a un gasto que de por si xa pode ser grande, como é sacar o carné de conducir”.
O alcalde burelés considera “ademais esta decisión foi tomada dunha maneira unilateral, non se tivo en conta para nada a opinión dos concellos que estamos afectados. Hai que ter en conta que en toda A Mariña somos máis de 80.000 persoas e xa é unha cantidade de poboación suficiente como para deixar aquí o servizo de exames para sacar o carné de conducir. Esta é unha decisión que deixa en moi mal lugar á Xefatura Provincial de Tráfico, no que respecta á nosa comarca, aínda que tamén van facer esa centralización noutros lugares. E esta medida non se xustifica porque hoxe coas vantaxes e coa facilidade de utilizar as novas tecnoloxías para empregar unha serie de ordenadores e facer un exame simultáneo non é necesario centralizalo e obrigar á xente a desprazarse”.
Alfredo Llano dixo: “podían falar cos concellos e podíamos chegar a un acordo para que cada concello aportase un ordenador ou buscaríamos outro xeito, pero o que non é xustificable é que saquen a desculpa de que non hai suficientes ordenadores, cando hoxe é moi fácil establecer unha conexión e facer un método doutra maneira. Polo tanto eu vexo que hai intereses doutro tipo para tomar esta decisión, que non é xustificable”.
O rexedor subliñou que “ademais vanlle causar prexuízos á xente que agora mesmo está sacando o carné de conducir, dado que vai ter que incrementar os gastos, a preocupación, vai ter que pedir permisos nas empresas para ir a desprazamentos máis longos, … E habendo, como hai, un servizo que estaba funcionando perfectamente en Foz para toda A Mariña, nunha situación central e boa, que agora de forma unilateral, sen contar con ninguén, tomen esta decisión non é correcto. Eu penso que así non se fan as cousas e eu reclamo que non se tome esa medida e que se se tomou xa que se reverta inmediatamente e que non se mova para nada este servizo da nosa zona, que é onde debe estar”.
Llano engadiu que “o que deben facer os organismos públicos é favorecer que os servizos estean nos sitios máis preto de onde se necesitan e non obrigar a facer desprazamentos que son forzados e sen ter en conta as necesidades da xente”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



