Burela, 7 de xullo de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, solicitou de forma oficial unha petición para manter unha entrevista co presidente da Xunta. E lembrou que as relacións institucionais entre o Concello e o goberno galego sempre foron fluídas, respectuosas e colaboradoras.
O rexedor contou que “xa fixemos de xeito oficial unha petición para manter unha entrevista co presidente da Xunta, queremos que nos reserve un oco na súa axenda e así poder ir visitalo o antes posible. Cando fun alcalde no outro mandato xa fixemos algunha petición similar para falar de temas de interese para Burela e para os seus veciños e veciñas e teño que dicir que sempre fun ben atendido. O respecto institucional e as relacións tanto por parte do Concello coa Xunta como da Xunta con este Concello sempre foron fluídas, respectuosas e colaboradoras”.
Alfredo Llano agarda ter esa entrevista o antes posible “porque hai moitos temas que nos interesan, por exemplo a ampliación do hospital da Costa. Penso que é algo que non debe ser só unha manifestación de intencións, senón que ten que ser unha realidade o antes posible, tamén falaremos do mantemento de servizos tanto na cuestión sanitaria como económica, que siga a ser un hospital de referencia na nosa comarca e que teña as cualidades e calidades que viña desenvolvendo ata que foi área integrada en Lugo, non na Mariña. A miña intención é recuperar esa área integrada propia da Mariña o antes posible e mentres tanto que se manteñan os niveis de atención sanitaria que lle corresponden a un hospital desta categoría na nosa comarca”.
Outro dos asuntos que o alcalde de Burela lle plantexará ao presidente da Xunta refírese ao acceso ao porto “queremos saber como van obras, cando rematarán, si si hai algún problema ou si hai problemas cos desprendementos de terra que se produciron nos últimos días e tomar así as decisións que houbese que tomar. Tamén queremos falar da escola infantil porque aí fíxose un convenio co anterior alcalde entre o Concello e a Xunta. Creo que o Concello está a asumir unha competencia impropia e polo tanto queremos ver si hai algunha posibilidade de variar ese convenio, para que sexa máis beneficioso para o Concello porque aporta xa o 40% do prezo da obra e tamén aportou o solar. E cando remate hai que facerse cargo dos gastos de mantemento e funcionamento da escola infantil. Temos que falar de todo iso e despois seguro que aparecerán outras cousas pensando no beneficio común de todos os veciños e veciñas de Burela”.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



