Burela, 10 de xullo de 2015.- A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, informa que está aberto o prazo para solicitar axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia. A contía das achegas oscilará entre os 90 e os 150 euros. A este máximo chegarán as familias, que ademais de cumprir todos os requisitos, acrediten que son familia numerosa.
Segundo informa a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, “ata o 15 de setembro de 2015 está aberto o prazo para solicitar axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia (Resolución do DOG número 43 do mércores 4 de marzo de 2015). A axuda é de 90 € semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 150 € para as que acrediten, ademais, ser familia numerosa”.
Poderán ser beneficiarios as familias en que convivan fillos menores de 18 anos, e nas cales, a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia durante o ano 2013 non superen 1.5 veces o IPREM.
Os requisitos que deben cumprir son os seguintes: ser residente na Comunidade Autónoma de Galicia, ter fillos menores a cargo, estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora e figurar como pagador na correspondente factura, non superar os límites de renda establecidos e non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
A documentación que terán que presentar é a seguinte: presentación electrónica da solicitude; no caso de non autorizar a consulta dos datos por parte da Xunta de Galicia, copia dixitalizada do D.N.I en vigor da persoa solicitante e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia; no caso de non autorizar a consultar os datos de carácter tributario, Declaración do IRPF relativa ao ano 2013; autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa á mesma (Anexo IV); copia dixitalizada do libro de familia; certificado de convivencia; facturas do segundo semestre de 2014 en concepto de subministración eléctrica e xustificantes de pagamento; e copia do título de familia numerosa.
As persoas interesadas en obter máis información deben dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello en horario de 8 a 14 horas, de luns a venres.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



