Lugo, 14 de xuño de 2015.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor a publicación este martes no Diario Oficial de Galicia da METAGA, a nova Lei de Mellora de Estrutura Agraria que entrará en vigor en 20 días.
O deputado asegura que a nova norma permitirá axilizar os procesos de concentración parcelaria, que se pasan a denominar de reestructuración parcelaria, ademais de establecer incentivos fiscais que promovan o uso ou o arrendamento das parcelas agrarias.
Ambas novidades son, segundo Balseiro, de gran utilidade para comarcas como a Mariña lucense, onde se están a desenvolver diversos procesos de concentración aínda en execución e onde o peso da agricultura e gandería segue a ser importante, en especial, nos concellos do interior.
REESTRUCTURACIÓN PARCELARIA
A Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia dedica a maior parte do seu texto a definir os procesos que se seguirán nas reestructuracións parcelarias, que ata agora se viñan chamando concentracións parcelarias. A nova normativa aspira a simplificar e reducir o tempo de realización das parcelarias, “que a miúdo viñan sendo proxectos farragosos que se dilataban en exceso no tempo”.
No articulado da Lei detállanse os procesos a seguir no caso das reestructuraciones parcelarias públicas e tamén nas de carácter privado, ben agrario ou forestal. Establécese tamén a posibilidade de plans de permutas voluntarias de fincas.
BENEFICIOS FISCAIS POR ARRENDAMENTO
O outro mecanismo co que se quere promover a mobilidade de terras agrarias é o dos incentivos fiscais e redución de tributacións, tanto en caso de herdanzas como de compravendas:
Nas herdanzas, a transmisión das parcelas mediante venda ou arrendamento a unha explotación agrícola supoñerá deducións do 99% no imposto de transmisións patrimoniais. O mesmo sucederá no caso de que as fincas poidan poñerse a disposición do Banco de Terras. En ambos casos, o titular da parcela terá seis meses para facer a transmisión. O prazo mínimo de cesión das parcelas será de cinco anos.
Para as compravendas, haberá tamén deducións do 99%, tanto no caso de explotacións agrarias como no de parcelas soltas. Con estas medidas, “a Administración trata fundamentalmente de evitar que os herdeiros con actividade non agraria deixen as parcelas abandonadas ou infrautilizadas”.
ABANDONO DE TERRAS
Finalmente, a lei establece que a Administración poderá declarar como perímetros abandonados un conxunto de predios cando existan evidentes riscos de lumes forestais ou cando haxa demanda de terra agraria na zona.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



