Ribadeo, 13 de xullo de 2015. Acisa acentúa de éxito rotundo a celebración da segunda edición do Ribadeo Indiano, que organizaron o Concello e a propia asociación. Segundo as primeiras estimacións máis de 25.000 persoas gozaron dos tres días de festa indiana onde a música, o teatro e as visitas guiadas foron protagonistas da homenaxe rendida a aqueles que un día abandonaron a súa terra en busca dun futuro mellor.
Desde a directiva de Acisa sinalan que “estamos moi satisfeitos do resultado económico que supuxo para o comercio e para a hostalería de Ribadeo. Durante a fin de semana os restaurantes, bares e mesóns estiveron cheos. Era difícil poder comer ou cear sen facer reservas previas. Coméntannos algúns hostaleiros que fixeron melloralas caixas desde a súa apertura fai quince anos. As tendas rexistraron unhas vendas espectaculares de roupa, de chapeus, de tocados, de complementos, de bastóns, etc. As barbarías traballaron moi ben, de feito algunhas tiñan citas previas concertadas desde facía semanas. Os hoteis tiveron unha ocupación altísima, algúns chegaron ao 100%”. Acisa estima que o Ribadeo Indiano deixou na localidade ao redor de 3 millóns de euros.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos considera que “todo Ribadeo se envorcou con esta festa. Tendas, restaurantes, hoteis caracterizáronse para revivir esa época, o que fai que o Ribadeo Indiano luza en todo o seu esplendor. O bo tempo acompañounos desde o venres ata o domingo e iso tamén influíu de forma positiva no éxito rexistrado. Era unha delicia percorrer a rúa San Roque ata o parque de San Francisco e ver a miles de persoas caracterizadas, dando unha cor e unha imaxe fantástica de Ribadeo, que se estendeu ao resto da localidade e a outros puntos como A Devesa ou Rinlo”.
En Acisa “estamos encantados co resultado. Levamos dous anos de Ribadeo Indiano e todo apunta a que irá a máis. Agora toca facer balances e en breve poñerse a traballar na próxima edición”. E engaden “aos turistas e visitantes que chegaron estes días á vila sorprendeulles e gustoulles moito a festa indiana”.
Campaña compras
As túas compras en Ribadeo Indiano, poden saírche gratis, foi o slogan da nova campaña que puxo en marcha Acisa con motivo da celebración da segunda festa indiana.
Todas aquelas persoas que realizaron as súas compras no comercio asociado do 1 ao 12 de xullo entrarán no sorteo de vales de compra. O 16 de xullo celebrarase un sorteo nas instalacións de Acisa de vales de compra polo importe do ticket premiado. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo destaca que “para poder levarse os premios que poñeremos en xogo con motivo da celebración do Ribadeo Indiano é necesario presentar o ticket de compra”.





















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



