Non sempre existíu a auga. A terra formouse hai millóns de anos e a auga apareceo mais tarde; ninguén sabe còmo, aínda que os científicos, baseándose no estudo das estrelas e dos planetas, formularon diversas hipótesis sobre o pasado da superficie terrestre. Mentres, mesturando cencia e fantasía, pódese imaxinar o mundo coma un inmenso laboratorio cheo de recipientes flamexantes e rodeados por unha gran nube de gas: a terra íase enfriando e paseniño formouse a auga. Sucedeo antes de que na terra houbese vida, O filósofo grego Tales, que vivíu polo S.VI a. de C. opinaba que o mundo xurdíu da auga. Os trovadores medievais, imaxinando que o corazón era o centro dos sentimentos, e que no medio del había auga, escribían nas súas poesías que “el amor nace del lago del corazón”. A auga de nubes e névoas volta á terra en forma de choiva, granizo, escarcha… Unha parte volve ó mar, outra ós campos, dando lugar a torrentes que se converten en ríos e outras que afloran por medio de manantiais, fontes, pozos. Pero é a acción humana a mais drástica: exerce unha deforestación delirante, ignora os coñecementos das comunidades, retira a auga dos ríos de distintas maneiras. Nun xornal lemos; “Os gobernos utilizan a escasez e a contaminación para propiciar conflictos en pobos e cidades, a pesar de que os causantes son as industrias e as autoridades que contaminan, depredan e esgótana”. A auga é recurso imprescindible, pero escaso, para a vida. O tema voltouse prioritario, pois unha situación de carencia ameazaría a tres aspectos do benestar: a producción de alimentos, a saúde e a estabilidade política e social. A Asamblea Xeral de NN.UU. co fin de sensibilizar á poboación mundial, declarou o 22 de febreiro “ Día Mundial da Auga”. O Secretario Xeral, sentenciou: “Neste século a auga será mais importante que o petróleo” e Leonardo da Vinci definiuna como “ a forza motriz da natureza”. ¡E queixámonos cando chove…! Haberà que mudar o chip e, á vista dela exclamar ¡bendita auga!, ainda que nos incordie e ese día, e outros, non disfrutemos da praia.Aos focegos quédanos o recurso do Bispo Santo e o milagre dunha nova Zapata. Bendita auga!



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



