Burela, 20 de xullo de 2015. Os cativos de Burela levaron a cabo o pasado venres unha actividade na praia do Portelo que os converteu en vixiantes azuis, unha acción promovida polo Centro de Educación Ambiental Gaia, dependente da Concellería de Medio Ambiente.
As monitoras de Gaia explicaron que “os nenos percorreron a praia en grupos premiando aos usuarios que realizaron algunha actuación correcta e que coñecían as normas e sancionando a aqueles outros que fixeron cousas indebidas e que descoñecen as normas das praias con bandeira azul. Os nenos animaron aos usuarios da praia a cumprir as normas de convivencia e de respecto ao medio ambiente premiando os bos comportamentos con tarxetas e a gorras azuis e os indebidos con tarxetas e gorras vermellas”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Ben, sinalou que “a actividade pretende concienciar a todos e cada un dos usuarios das praias de manter os nosos areais limpos e crear conciencia de que este é un ben natural que debemos coidar para poder aproveitalo”. As “sancións” dos pequenos permitiron aos bañistas coñecer qué actuacións son correctas e cales non o son para manter a praia en bo estado.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



