Burela, 31 de xullo de 2015.- Este sábado, 1 de agosto, a partir das 16 horas, terá lugar o I Torneo de Xadrez que organiza a asociación Reyes y Peones coa colaboración do Concello de Burela. En total son, ata o momento, 36 os inscritos aínda que calquera persoa que desexe participar poderá anotarse ata uns minutos antes do inicio do torneo.
A cita desenvolverase na carpa instalada no porto burelés. O I Torneo de Xadrez, enmárcase dentro das actividades da Feira do Bonito. Os gañadores recibirán trofeos que foron realizados polos rapaces e rapazas da Fundación Eu Son.
O I Torneo de Xadrez foi presentado este venres ó mediodía no Concello polo presidente da asociación Reyes y Peones, Julio Delgado, e polo concelleiro de Cultura, Xuventude, Educación e Sanidade, José Díaz, que ademais tamén disputará o devandito torneo.