Os Aventados, coa Deputación de Lugo e a Xerencia da Rede Museística Provincial, trata de reencontrar o camiño do sustrato cultural que da vida ás lendas das sereas afondando na declaración de interese turístico de Galicia para a Maruxaina.
Polo mesmo motivo, o Museo do Mar de San Cibrao acolle este venres 17 de xullo ás 20.00 horas a inauguración da exposición ‘A Maruxaina e outras sereas’. No acto, que será presentado polo Premio Nacional de Artesanía, Alfonso Otero Regal, participará o alcalde de Cervo, membros da corporación loca, o delegado de Cultura da Xunta de Galicia, a xerente da Rede Museística Provincial, a presidenta da Deputación e o responsable de cultura do organismo provincial.
Conferencia
E para afondar máis no tema, o sábado 18 de xullo a partir das 19.00 horas, artistas e intelectuais galegos ofrecerán unha conferencia denominada “Cantos de sereas”. Participarán o profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, Lino Rico, e o poeta e profesor e traductor de galego, Paco Rivas.