Sempre as festas do pobo teñen unha doble compoñente de ledicia e de nostalxia, e para unha vila mariñeira o mar é festa principal, pois foi a súa razón de ser ao longo dos séculos, aínda que os tempos son outros e perdera tal primacía. A forza física e anímica do mar non ten lindeiros, e sobre tan fráxil chan escribiron a súa historia de mágoas e ledicias, os focegos de tantas xeracións que levamos padecido, a maiores, as dramáticas resultas da barra de entrada á ría no noso particular “ triángulo das Bermudas” que servíu de móbil sepultura a tantos veciños, históricos loitadores pola supervivencia sobre as ondas do mar, a bordo de fráxiles embarcacións. É a focega unha historia dramática escrita a golpes de mar.
Son istes motivos que fan que se vivan estas xornadas, lúdicas e relixosas, con un mais fondo sentido solidario, expresado popularmente polo agarimo á Patrona á que ofrecen o traballo nada doado da confección das alfombras florais que poñen ós seus pés no longo percorrido polas rúas do que leva sido o barrio mariñeiro, o mais carismático de Foz, que conserva o talante, a personalidade e a idiosincrasia dunha actitude humana e social de características propias e diferenciadas. Pero as xente do mar, tan sabidas de tormentas e borrascas; de tempestades e naufraxios, volven sempre ao mar, porque nel respiran a cotío aires de liberdade, pois como dixera o poeta francés Baudalaire “ o home libre sempre amará o mar”.
Por eso tamén, nesta ocasión proclama: ¡que soe a gaita!. ¡Que a súa alborada de Gloria anuncie ós catro ventos que Foz está de festa e que, o estoupido dos foguetes, espalle a boa nova por tódalas terras amigas, para que as súas xentes compartan con nós estes días de gozo, dun pobo que ten as súas raígames mais fondas no mar infinito, inconmensurable!




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



