Cadernos da viaxe.- PP e PSOE seica monopolizaron a representación política dende 1982, despois da desfeita da UCD. O chamado “sistema da transición” é, basicamente, a do bipartidismo dinástico, abeirado na lei D´Hondt e nunha retroalimentación que abrolla con descaro cando se lle cuestiona seriamente. Se no 1979 a UCD, Coalición Democrática (antecedentes principais do actual PP) e PSOE deron cabo á experiencia do goberno de coalición n’A Coruña de Domingos Merino, hoxendía voltamos á pinza amosada nos recentes Plenos de organización da mesma cidade e de Lugo. O mesmo Feijóo ven de declarar nunha entrevista que quere “un PSOE forte que lle diga non aos nacionalistas e a Podemos”.
E realidade un dos principais motivos polos que o PSOE, neste contexto, é un problema e non unha solución está no seu carácter de franquicia institucional, que lle merca ao PP ideas como a blindaxe da priorización do pagamento da débeda a respecto do mantemento dos servizos públicos (reforma “express” do artigo 135 da Constitución en outubro do 2011) ou unha idea monolítica de España que tende á continua recentralización e á negación da plurinacionalidade do Estado. E, á vista da iconografía de Pedro Sánchez na súa recente Conferencia Política e da limitada visión territorial de Carme Chacón, semella que o problema ha continuar.
Vivimos un tempo de fondas remudas institucionais, sociais e políticas. Xa que logo, máis cedo ca tarde, o PSOE terá que decidir se quere partillar dun outro relato, axustado a unha idea plurinacional do Estado a unha socialdemocracia renovada e participativa, ou tenciona defender unha democracia de baixa calidade, que despreza os valores da participación cidadá e asume como dogma as estreitas lindes do austericidio.
A ARRINCADEIRA: MANUEL MARÍA, POETA CÍVICO.
Ninguén pode negar o acerto da escolla este ano da Academia a respecto do protagonista do Día das Letras Galegas. Manuel María é o noso máis senlleiro poeta cívico dende Curros. Coherente coa súa ideoloxia, sempre foi persoa atenta e aberta, quen a sumar e tender pontes coas persoas que non pensaban coma ela. Ogallá o 2016, ademáis de conmemoralo- canda ás Irmandades da Fala que cumpren o seu Centenario-,afonde na cultura que preferiu tender pontes a excluir ninguén , como adoitaba facer Manuel María.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



