San Cibrao, 23 de xullo de 2015.- Alcoanos en Movemento da Fundación Alcoa, coa colaboración de Pasada das Cabras, realizaron a 2ª ruta das tres programadas para este mes de xullo por zonas da Mariña.
Nesta ocasión participaron máis de 30 camiñantes que partindo da desembocadura do río Xunco, na Praia de Rueta, percorrerán a canle río arriba ata chegar a Cervo.
A beleza da ruta xunto co bo estado de limpeza desta, cousa que agradecen ao concello de Cervo, fixo que os participantes se animasen a seguir polo Camiño Real ata Sargadelos, onde percorreron a senda botánica e o Paseo dos Namorados.
Para o próximo xoves 30 teñen programada a ruta do río Rigueira en Xove, que completará esta actividade do voluntariado de Alcoa.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



