Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015-. Representantes da comisión promotora entregaron esta terza feira no rexistro do Parlamento Galego máis de 11.000 sinaturas que avalan a Iniciativa Lexislativa Popular “sobre o dereito ao coñecemento e a contemplación da obra de Castelao polo pobo galego”.
A presidenta Galiza Cultura -entidade que agrupa as asociacións culturais-, María Pilar García Negro, o secretario xeral de CIG-Ensino, Anxo Louzao, o presidente da Mesa pola Normalización Marcos Maceira, e membros de asociacións culturais como Mª Antonia Pérez, de O Galo, Alberte Ansede, da Fundación Manuel María, ou Xoán Carlos Garrido, de Vagalume entregaron no rexistro do Pazo do Hórreo as sinaturas que permitirán que Castelao sexa o protagonista dun debate parlamentario sobre a necesidade de visibilizar a súa obra e a súa biografía.
“A tres semanas de seren entregadas as medallas que levan o seu nome podemos dicir que Castelao continúa estando duplamente enterrado para a poboación galega. Queremos que se se utiliza o seu nome non sexa en van”, explicou María Pilar García Negro ao tempo que defendeu a urxencia de mostrar a súa obra ara que sexa coñecida e apreciada.
“Cómpre sacalo do enterramento duplo ao que está a ser sometido e ter en conta a actualidade do seu pensamento xa que o debate político que está a haber agora está perfectamente guionizado en moitas das páxinas que el escribiu”, engadiu García Negro que lamentou que boa parte da súa obra non estexa exhibida nin ao dispor do pobo galego. En especial, citou a obra “A derradeira lección do mestre”, que se atopa en Arxentina e da que se pide o retorno na propia ILP.
En canto ao resultado da tramitación parlamentar da ILP, García Negro mostrou a súa confianza en que “deputados e deputados se comporten como xente ilustrada e que fagan honra ao patriota, pensador e artista sen o cal ninguén estaría agora como representante no Parlamento galego”, dixo, destacando, neste caso que foi o propio Castelao o que “resgatou o Estatuto e conseguiu a súa tramitación parlamentaria e a aprobación nas Cortes”.
Cando se vai conmemorar en 2016 o centenario das Irmandades da Fala, García Negro lembrou que Castelao é un dos seus impulsores polo que reclamou tamén para el unha maior atención de cara ao vindeiro ano
A ILP demanda o “acceso público e aberto a través da rede de Internet a toda a súa obra dixitalizada para coñecemento e uso de todo o pobo galego” das case 4.000 obras da súa autoría. Desde a súa presentación pública, desde Galiza Cultura e as outras entidades promotoras desenvolvéronse actos por todo o país para buscar apoios e difundir o contido da ILP e, alén diso, a propia obra e figura de Castelao.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



