Ribadeo, 10 de xullo de 2015.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, invitou na mañá deste venres a ribadenses e visitantes a participar na segunda edición do Ribadeo Indiano, que botou a andar esa mesma tarde e durante o fin de semana encherá as rúas de Ribadeo de actos de lembranza da emigración galega a América.
O rexedor dixo que este evento “é unha festa esperada, querida e sentida por toda a xente de Ribadeo”. Logo do éxito da primeira edición Suárez Barcia asegurou que Ribadeo promete ser nesta edición “un centro de interese turístico e cultural de primeira magnitude. Creo que en Ribadeo todo o mundo ten as súas vestimentas para caracterizarse ao xeito indiano, pero tamén xente doutros sitios, a xulgar pola ocupación altísima dos hoteis”, afirmou.
Ademais da festa e da promoción turística de Ribadeo, a festa indiana pretende servir de homenaxe aos veciños que buscaron unha mellor vida na emigración. O alcalde sinalou que “estes tres días de festa serven para recoñecer e valorar o traballo e a tristura dos que se tiveron que ir porque aquí non había traballo e había necesidades. Tiveron que marchar para América, posteriormente para Europa, e moitos non volveron, os menos triunfaron, outros sobreviviron simplemente, pero en todo caso todos levaron o recordo desta terra. Os que puideron, porque fixeron fortuna, acordáronse da terra que os viu nacer e puideron facer infraestruturas, actividades educativas ou edificios para que os que viñeron detrás puideran vivir un pouco mellor ca eles”.
Fernando Suárez Barcia lembrou algúns dos diversos actos que volverán situar a Ribadeo no tempo dos indianos. Entre eles, a charla que impartirá as 19 horas no Teatro o arquitecto Ernesto Cruzado Estévez sobre a Torre dos Morenos, os pasarrúas, o teatro e o pregón do indiano don Pancho. Boa parte dos actos vanse celebrar no quiosco da música da vila, situado no Parque de San Francisco, que ata agora estivo pechado por obras: “xa está aberto e non porque coincida con esta festa, nin moito menos. Xa nos gustaría que levara días aberto, pero as obras ás veces non se fan tan rápido como a un lle gustaría, nin as empresas son tan áxiles como a un lle gustaría, así que tivemos que recibir as obras un pouco axustadas no tempo. Deunos tempo a abrir na festa indiana e non hai 20 ou 25 días, como nos gustaría. O parque está a disposición dos nenos e nenas de Ribadeo e de fóra, para que proben a tirolina, as redes… Estes novos xogos que nunca houbo en Ribadeo e que seguramente farán as delicias dos mais pequenos”.
O alcalde destacou a variedade de actividades que os visitantes e veciños poderán atopar no Ribadeo Indiano, dende gastronomía e música a conferencias de expertos sobre a historia da emigración: teremos actividades musicais, charlas, visitas guiadas ao casco vello e ás casas indianas que os seus propietarios teñen a amabilidade de ceder, o mercado de ultramar, o festival de habaneras. Son unha chea de actividades tanto en Ribadeo como nas parroquias con máis vinculación indiana, como Rinlo e a Devesa. Así que animo aos que aínda non mercaron a pamela, o sombreiro panamá ou a paxariña para que o vaian facendo porque Ribadeo Indiano vai ser unha autentica festa este fin de semana”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



