Foz, 31 de xullo de 2015.- O Concello de Foz está instalando cubrecolectores de madeira para mellorar a imaxe da vila. Na primeira fase desta actuación serán colocados 18, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia que cubre o 75 por cento do investimento, pero o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anuncia que tratará de ampliar esta iniciativa a outras zonas do municipio.
O rexedor municipal explicou que este xoves “empezouse a colocación de 18 cubrecolectores de madeira que se instalarán na zona máis turística do noso concello, dende o porto de Foz pasando polo Campo da Cabana ata a praia da Rapadoira. En total son 18 cubrecolectores, 10 deles para tres colectores de residuos e 8 para dous colectores. Melloran visualmente o aspecto destas rúas e sobre todo resgardan os colectores, o que dá unha imaxe moito mellor para o noso concello, que actualmente está nun momento de ocupación turística moi alto. A satisfacción dos hostaleiros, pero tamén de todos os veciños, é moi alta. Esta era unha demanda que se viña facendo incluso dende a Acia”.
Javier Castiñeira engadiu que “esta é unha primeira fase e trataremos de estendelo ao resto do concello. Estamos a falar dunha subvención da Xunta de Galicia do 75 por cento do investimento, que é dun total de 34.000 euros, e o outro 25 por cento pono o Concello. Aparte dos cubrecolectores de madeira a Xunta tamén subvenciona a contratación de varios peóns medioambientais para a axudar a rozar e a ter en mellor estado as áreas recreativas. Polo tanto hai que agradecer á Xunta de Galicia os seus investimentos no noso concello, que e neste caso son importantes para o medio ambiente e tamén para a imaxe do municipio e para o turismo”.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



