Santiago, 5 de xullo de 2015.- Nunha xornada organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar baixo o lema “Vivir do Mar, Tecer o Futuro”, o GAC 1: A Mariña – Ortegal fará balance dos proxectos executados entre 2007 e 2013, e plantexará as liñas estratéxicas do novo plan de investimentos que a comisión Europea de Pesca enviará a Galicia entre 2015 e 2020. A xornada celebrarase o vindeiro martes 7 de xullo na sede do Arquivo Histórico da Confraría de Pescadores de Burela.
No anterior período a Consellería do Medio Rural e do Mar aprobou nos territorios costeiros de A Mariña e Ortegal un total de 62 proxectos dos GAC por valor de máis de 2 millóns de euros, que se destinaron a apoiar proxectos relacionados cos produtos do mar, o turismo, a hostalaría e a recuperación do patrimonio.
Estes fondos e os esforzos centrados na diversificación económica permitiron mellorar as taxas de crecemento económico e o emprego destas zonas, contribuíndo a aumentar a capacidade de elección das persoas do sector á hora de buscar novas fontes de ingresos, promovendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a conservación do patrimonio natural, cultural e histórico destas zonas.
Agora, coa posta en marcha do novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), o GAC 1 volverá contar con recursos dirixidos á dinamización económica, social e cultural das zonas de pesca.
A xornada do martes será a primeira dunha serie de encontros que se levarán a cabo en todos os GAC de Galicia durante o mes de xullo e que culminarán cun encontro final na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, no que participarán membros de todos os Grupos de Acción Costeira galegos. Esta xornada final, que se celebrará no mes de setembro nunha data aínda por fixar, servirá para presentar as conclusións destas xornadas previas celebradas en cada GAC, debatelas e intercambiar experiencias e impresións de cara a trazar liñas e proxectos conxuntos entre os distintos territorios costeiros.
PROGRAMA DA XORNADA “VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO” – GAC 1
7 de xullo
Arquivo Histórico da Confraría de Pescadores de Burela
Porto de Burela s/n – Lugo
19:00 Presentación das xornadas.
19:15 Proxección do vídeo GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA.
19:30 Balance: Resultados do Programa de axudas 2007-2013.
19:45 Presentación de experiencias locais: Proxectos de éxito no GAC1.
– Conservas Artesanas Curricán. Escollida en Europa entre os mellores proxectos empresariais para participar na Conferencia da Sailing Towards 2020. http://www.conservascurrican.es/
– Reef Water Coral Farm. Empresa pioneira en España na cría e cultivo de corais mariños, centrada na comercialización, a investigación e a distribución. http://www.reefwater.es/
– Escola de Deportes Náuticos da Mariña. Primeiro albergue galego para aprender inglés en náutica situado en Foz. http://www.anchor.es/
– Maresmasma. Proxecto de Deporte e Multiaventura. http://maremasma.com/
20:15 Retos de futuro no Eixo 4 (programa 2014-2020).
20:30 Degustación de productos pesqueiros da zona e intercambio de impresións.
Durante toda a xornada haberá actividades infantís para que os asistentes podan participar en familia .























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



