Burela, 17 de xullo de 2015.- O I Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luis Yebra organizado polo Club de Tenis-Padel A Marosa en colaboración co Concello de Burela e que despois de máis de dúas semanas de intensa actividade nas Pistas da Marosa e favorecido polo bo tempo reinante chega á súa xornada final coa disputa das finais das tres categorías disputadas.
Interesante partidos como a Semifinal de dobres disputada por Alvaro-Alvaro Jr. fronte a Pablo-Humberto que venceron os primeiros en tres sets, a primeira semifinal Alvaro Jr – Arturo que se levou o primeiro en tres sets, así como a segunda semifinal de dobres que Alberto-Santi se levaron fronte a Marful-Cándido.
O venres disputouse a segunda semifinal Ruben-Marful que se adxudicou Ruben con facilidade en dous sets. Con similar facilidade adxudicouse Pitufo a final de consolación masculina.
Para o sábado a partir de das 10 da mañá disputaranse as tres finais:
Final de Dobres Masculino: 10:00 .- Os finalistas son: Alvaro/Alvaro Jr. – Alberto/Santi
Final Individual Feminina: 10:00.- As finalistas son: Paula – Rosalia
Final Individual Masculino: 12:00.- Os finalistas son: Alvaro Jr. – Ruben
Xa aseguraron Trofeo:
Consolación Feminina: A gañadora foi Valentina que se levou o trofeo ao vencer a Mary
Consolación Masculino: O gañador é Pitufo ao vencer a Gerardo en dous sets.
Sobre as 13:30 aproximadamente celebrarase a entrega de trofeos. Nesta celebrarase un acto de homenaxe e recordo a Jose Luis Yebra en memoria de quen se celebra este I Torneo de Tenis Concello de Burela que chega á súa clausura.