Viveiro, 14 de xullo de 2015.- O PP de Viveiro, facéndose eco unha vez máis da demandas dos veciños da rúa Emilio Bouza Basanta, asi como do Barrio do Pedregal da parroquia de Covas sobre a insoportable situación que están a vivir dende hai varios anos, con continuos malos olores, pragas de mosquitos – polo estancamento da auga na devandita obra -, asi como o evidente perigo polo deficiente peche desta, pide que dunha vez por todas se lles de solución a estes veciños.
O PP de Viveiro vén preocupándose polo tema dende hai sete anos e así desmóstrano os tres rogos e dúas preguntas formuladas nos Plenos Municipais ao longo de todo este tempo – pode comprobarse doadamente consultando as actas dos plenos do 25/5/2009, 20/6/2013, 3/4/2014, 2/10/2014 e o ultimo o 5/3/2015 -, xunto coas diversas notas de prensa enviadas aos distintos medios. Ademais das nosas solicitudes de solución, cónstanos que son varios os veciños que se dirixiron ao propio Concello demandando o mesmo, unha solución para unha situación que se volveu insufrible.
O certo é que pasa o tempo e non se fixo nada por poñerlle remedio a este problema, o que demostra unha vez máis o abandono do goberno local socialista que non foi capaz, ata a data, de poñer sobre a mesa nin tan sequera unha solución de mínimos, tal como podería ser o baleirado das augas estancadas e a obriga de que se cumpran unhas estritas medidas de seguridade no relativo ao peche da obra, dado o perigo que entraña sobre todo pola presenza de menores xogando polos arredores.
O PP de Viveiro continuará coas súas peticións e denunciando este tipo de situacións ata que o goberno local socialista dea unha solución a estes veciños. Pensamos que é un problema ambiental, de salubridade e que entraña tantos perigos que xa abonda de escorrer o vulto e tomar cartas no asunto. O goberno socialista debe asumir as súas responsabilidades e poñer os medios que estean ao seu alcance para dar unha resposta rápida e satisfactoria a este vello problema que tanto tempo levan soportando estes sufridos veciños desta zona.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



