Ribadeo, 29 de xullo de 2015.- Os compoñentes do famoso grupo musical madrileño Hombres G, liderado por David Summers e formado tamén por Daniel Mezquita, Rafael Gutiérrez e Javier Molina, pararon en Ribadeo para facer un descanso no percorrido da súa extensa e exitosa xira titulada 30 años y un día. Os membros de Hombres G elixiron para comer o restaurante O Lar de Manolo, que está na rúa Irmáns Moreno Ulloa da vila ribadense, e ademais non tiveron inconveniente en posar para unha fotografía co persoal que traballa neste establecemento hostaleiro que rexentan Anxo Expósito Teijo e Chus Fernández Rodríguez.
Esta xira de Hombres G inclúe unha trintena de concertos en España e América Latina na que repasan os grandes éxitos da súa longa carreira musical.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



